A semana pasada iniciamos diversos cursos de alfabetización
dixital, a maior parte das persoas que se achegan para participar
nestas actividades superan os 40 anos, e incluso os máis deles pasan
a barreira dos 65 anos que na nosa cultura marca a “terceira
idade”.
Cando se van acomodando pola aula escóitanse diversos comentarios
que delatan as expectativas que teñen no curso e as razóns polas
que acoden ás actividades. Entre estes comentarios abundan aqueles
que fan referencia a súa falta de destreza e na necesidade de
aprender, sobre todo para seguir en contacto con familiares e saber
do que andan a falar.
Pero o mellor deses comentarios agárdase para o final, cando saen
pola porta cun sorriso na cara e comentando “pois isto non é tan
difícil” e día a tras días vemos como van mellorando as súas
destrezas coas TIC e ao mesmo tempo aumenta a súa confianza en si
mesmos a a súa autoestima.
Polo tanto seguimos animando a xente a que se achegue ao centro
para aprender, pois nunca é tarde!
Onte estivemos a festexar o martes de entroido; xa levábamos días, semanas e incluso meses argallando cal vai ser a nosa disfrace, que é o queremos ser. Fixemos o que non nos permitimos o resto do ano, estivemos a xogar coa nosa identidade, pero que pasa coa identidade dixital? Podemos xogar con ela? Podemos comezar por definir que entendemos por identidade dixital, o que podemos resumir como todos aqueles trazos e actitudes que forman a nosa personalidade na rede. Con isto podemos ver que todo aquelo que publicamos na rede (imaxes, comentarios, datos persoais, etc.) pode afectar a nosa identidade dixital. A identidade dixital é o que somos na rede, é algo valioso. Como algo valioso debemos coidar da nosa identidade dixital e evitar os seguintes riscos:
Suplantación da identidade: cando outra persoa se fai pasar por nós e actúa no noso nome. Isto ocorre cando alguén crea un perfil falso para facerse pasar por outra persoa, ou entra nun perfil sen autorización.
Ameazas contra a privacidade: cando os nosos datos persoais se expoñen de xeito non consentido, por exemplo cando alguén publica unha imaxe sen consentemento.
Ameazas a reputación en liña: cando se fan públicas historias falsas ou fóra de contexto.
Agora ben, para evitar eses riscos so debemos ser responsables con todo aquelo que facemos na rede, por exemplo podemos ter en consideración os seguintes puntos:
Valora en que lugares da rede queres ter presenza.
Pensa todo aquelo que publicas.
Crea varios perfiles (por exemplo un persoal e outro profesional).
Infórmate das condicións de uso das aplicacións que utilices.
Xestiona a privacidade dos teus perfiles.
Revisa a túa lista de contactos.
Pecha a sesión despois de utilizar o teu perfil.
Mantén o teu ordenador libre de espías.
Coida o que publicas doutras persoas.
Formula unha denuncia de aquelas accións que poidan incorrer en ilegalidades.
En definitiva, actuar na rede tal e como actuariamos na vida diaria, se non imos pola rúa pregoando os nosos datos, por que facelo na rede?
Neste mes empezamos con temáticas diversas, dende cursos nos que aprenderemos a comunicarnos a través da rede, até cursos nos que editaremos as nosas imaxes. Esperamos que sexan do voso agrado!
E ti, a cal te apuntas?
Neste mes de febreiro retomamos a actividade no CeMIT Ames, como é costume teremos aula aberta e actividades de formación.
Planificando as actividades decatámonos que comezamos cando a primavera está ao chegar, as árbores comezan a sacar as súas mellores galas e xa empezamos a planificar que cultivaremos nas nosas hortas. Pero, por que non cultivamos habilidades coas TIC?
Por iso vos invitamos a pasar polo centro a desenvolver as nosas capacidades nas novas tecnoloxías.
O vindeiro sábado 8 de novembro damos comezo a unha nova actividade que nunca antes se tivera planificado no CeMIT de Ames, Iniciación ao Scratch.
Pero.... que é iso do Scratch?
Scratch é un proxecto do Grupo Lifelong Kindergarten do Laboratorio de Medios do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) que o ofrece de maneira gratuita.
Con este programa iniciarémonos dun xeito sinxelo e divertido á creación de animacións e pequenos xogos, así en lugar de utilizar o ordenador para xogar poderemos crear o noso propio xogo.
Coas tarefas que teremos que facer neste curso aprenderemos a pensar de maneira lóxica e poderemos adquirir estratexias para a resolución de problemas da vida cotiá.
Se queres máis información entra na web do proxecto Scratch pinchando aquí.