3 de set. de 2015

Iniciamos as actividades de outono

Durante este outono que está a piques de comezar queremos continuar ofrecendo formación gratuíta para todos/as aqueles que teñades un momentiño libre para pasar polo CeMIT.
O obxectivo deste último trimestre do ano é ofrecervos algo de formación para todos/as desde os máis pequenos até os maiores, por iso temos pensado unha  programación que esperamos que vos anime a participar, e se non atinamos co curso que buscas, sempre podedes pasar polo CeMIT en horario de aula aberta!
Gustaríanos animar sobretodo aos vosos familiares, os que seguramente non vaian a ler esto porque non utilizan o ordenador, sí, sí ese familiar que sempre che pide que lle pidas a cita no médico, ou que lle mires que tempo vai facer mañá, por que non o animas a que sexa él/ela mesmo/a o que poida manexarse con soltura na rede?