25 de set. de 2013

Solucións TIC para profesionais autónomos

Dende a Rede CeMIT de Galicia, quero compartir este documento de consulta elaborada por AGASOL e na que se ofrece  un conxunto de materiais didácticos e información sobre ferramentas tecnolóxicas de utilidade para poder xestionar, comunicar, organizar, difundir, vender, etc. dun xeito áxil e eficiente en calquera ámbito negocio.

Nestas 150 páxinas da Guía están estruturadas en oito áreas temáticas: Ferramentas informáticas, Xestión do teléfono móbil, Presenza en internet (dominios, contas de correo, blogs), sinatura dixital, Mercadotecnia na rede, Redes sociais, Comercio electrónico,Libre Office.
Os profesionais interesados en valorar ou implantar algunhas das ferramentas da guía contarán co asesoramento personalizado que ofrece AGASOL, en colaboración co Centro Demostrador TIC, a través do correo soporte@agasol.org e do teléfono, 881107368.

O documento atópase no seguinte enlace:  http://cdtic.xunta.es/sites/default/files/pdf/destacados/Gu%C3%ADa%20de%20soluci%C3%B3ns%20TIC%20para%20autonomos_0.pdf

PREZI

Na Aula CeMIT do Concello de Ames tamén se está impartindo unha actividade sobre o uso da ferramenta PREZI.

Prezi é unha ferramenta para crear presentaciones dinámicas e con animacións na internet.

Para acceder o manual soamente tendes que pinchar aquí.

Quero agradecer a Grabriela Pérez Caviglia a compartición desta guía sobre a ferramenta prezi.

Guía sobre GMAIL

Do 23 o 27 de setembro estase impartindo na Aula CeMIT do Concello de Ames un obradoiro sobre o correo electrónico utilizando as contas de GMAIL.

Por iso quero compartir con todos vos unha guía sobre como utilizar unha conta de GMAIL aparte das prácticas que estamos a facer na propia Aula CeMIT.

GUÍA GMAIL 

13 de set. de 2013

Outro tutorial en pdf sobre o Facebook

Aparte do outro enlace no que comparto con todos vos un tutorial online do Facebook, tamén quero compartir este arquivo nun formato pdf.

https://www.dropbox.com/s/askmiok73bj3vg4/Tutorial%20Facebook.pdf

Espero que vos sexa de moita axuda.

11 de set. de 2013

Unha axuda extra para á actividade sobre o Facebook.

Quero compartir con todos vos esta guía sobre o uso do facebook.

TUTORIAL FACEBOOK

Espero que sexa do voso interese.

9 de set. de 2013

Programación formativa Aula CeMIT Ames Outubro.

Quero compartir con todos vos a programación formativa do mes de Outubro na Aula CeMIT de Ames.




5 de set. de 2013

Dispoñibilidade Wifi na Aula CeMIT de Ames

Agora, na Aula CeMIT de Ames temos dispoñibilidade Wifi para todos os usuarios da Aula CeMIT de Ames.






Para acceder a esta red inarámica soamente tendes que poñervos en contacto ca responsable da Aula CeMIT para darvos acceso.

Horario Aula Aberta durante o mes de Setembro

Moi bos días a todos.
Despois do periodo vacacional a Aula CeMIT de Ames reabre ás súas portas co seguinte horario de uso libre da equipación da Aula durante o mes de Setembro.