A semana pasada iniciamos diversos cursos de alfabetización
dixital, a maior parte das persoas que se achegan para participar
nestas actividades superan os 40 anos, e incluso os máis deles pasan
a barreira dos 65 anos que na nosa cultura marca a “terceira
idade”.
Cando se van acomodando pola aula escóitanse diversos comentarios
que delatan as expectativas que teñen no curso e as razóns polas
que acoden ás actividades. Entre estes comentarios abundan aqueles
que fan referencia a súa falta de destreza e na necesidade de
aprender, sobre todo para seguir en contacto con familiares e saber
do que andan a falar.
Pero o mellor deses comentarios agárdase para o final, cando saen
pola porta cun sorriso na cara e comentando “pois isto non é tan
difícil” e día a tras días vemos como van mellorando as súas
destrezas coas TIC e ao mesmo tempo aumenta a súa confianza en si
mesmos a a súa autoestima.
Polo tanto seguimos animando a xente a que se achegue ao centro
para aprender, pois nunca é tarde!