3 de mar. de 2015

As TICs son para todos


A semana pasada iniciamos diversos cursos de alfabetización dixital, a maior parte das persoas que se achegan para participar nestas actividades superan os 40 anos, e incluso os máis deles pasan a barreira dos 65 anos que na nosa cultura marca a “terceira idade”.
Cando se van acomodando pola aula escóitanse diversos comentarios que delatan as expectativas que teñen no curso e as razóns polas que acoden ás actividades. Entre estes comentarios abundan aqueles que fan referencia a súa falta de destreza e na necesidade de aprender, sobre todo para seguir en contacto con familiares e saber do que andan a falar.
Pero o mellor deses comentarios agárdase para o final, cando saen pola porta cun sorriso na cara e comentando “pois isto non é tan difícil” e día a tras días vemos como van mellorando as súas destrezas coas TIC e ao mesmo tempo aumenta a súa confianza en si mesmos a a súa autoestima.
Polo tanto seguimos animando a xente a que se achegue ao centro para aprender, pois nunca é tarde!

Ningún comentario:

Publicar un comentario