25 de ago. de 2013

Despois das vacacions estivais a Aula CeMIT de Ames reabre ás súas portas.

Despois das vacacións estivais a Aula CeMIT de Ames reabre ás súas portas novamente ofrecendo ás seguintes actividades:

- Iniciación á Informática e Internet: A actividade vai a impartirse a partires do día 9 de setembro ó 20 de setembro en horario de 10:00 - 11:30. O prazo de inscripción na actividade remata o próximo día 6 de setembro.

- Facebook ¿que é?: A actividade vai impartirse a partires do día 9 de setembro ata o día 16 de setembro en horario de 16:30 - 18:00. O prazo de inscripción remata o próximo día 6 de setembro.

- O correo electrónico: GMAILA actividade comeza o día 23 de setembro ata o día 27 de setembro en horario de 10:30 - 12:00. O prazo de inscripción remata o día 20 de setembro.

- Usando PREZI: A actividade comeza o día 24 ata o día 27 de setembro en horario de 19:00 - 20:30. O prazo para realizar a inscripción na actividade remata o día 23 de setembro.

Para matrícularse nestas actividades do mes de Setembro podese facer por varias vías:

1ª) A través da páxina web https://aulascemit.xunta.es/inscripcion

2ª) A través do correo electrónico cemit.ames@xunta.es ca seguinte información:

- Nome e apelidos:

- D.N.I:

- Data de nacemento

- Actividade na que se quere matricular

- Teléfono de contacto

- Correo electrónico (si se dispón del)

3ª)  Tamén podedes matricularvos neste enlace:

Pulsando aquí