3 de nov. de 2014

Scratch para nenos...e non tan nenos...

O vindeiro sábado 8 de novembro damos comezo a unha nova actividade que nunca antes se tivera planificado no CeMIT de Ames, Iniciación ao Scratch. 
Pero.... que é iso do Scratch?
Scratch é un proxecto do Grupo Lifelong Kindergarten do Laboratorio de Medios do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) que o ofrece de maneira gratuita.
Con este programa iniciarémonos dun xeito sinxelo e divertido á creación de animacións e pequenos xogos, así en lugar de utilizar o ordenador para xogar poderemos crear o noso propio xogo. 
Coas tarefas que teremos que facer neste curso aprenderemos a pensar de maneira lóxica e poderemos adquirir estratexias  para a resolución de problemas da vida cotiá.

Se queres máis información entra na web do proxecto Scratch pinchando aquí.

30 de out. de 2014

Ampliamos horario!

Neste outono voltamos con novo horario e novas actividades.
Podes vir á aula no seguinte horario:

De luns a venres de 9:30 a 21:30.
Os Sábados de 9:30 a 13:30.

Tamén continuamos ofertando actividades para todos: