29 de nov. de 2012

Horario da Aula Aberta durante o mes de Decembro.

A continuación publicito o horario de uso da Aula Aberta na Aula CeMIT de Ames durante o mes de Decembro.

27 de nov. de 2012

Actividades na Aula CeMIT de Ames durante o mes de Decembro

Quero recordarvos que durante o mes de decembro a Aula CeMIT de Ames organiza dous obradoiros:

- COMPRA E VENDE POLA INTERNET: que terá lugar na Aula CeMIT de Ames do día 3 ó 5 de Decembro en horario de 10:30-11:40 (día 3), 10:30-12:00 (día 4) e 10:30-11:45 (día 5). O prazo de inscripción para a actividade remata o día 30 de novembro.

- CREA AS TÚAS PROPIAS POSTAIS: tamén terá lugar na Aula CeMIT de Ames os días 17-18 e 19 en horario de 19:00-20:00 e está destinada aos nenos e nen@s entre 6 e 9 anos que queran crear a súa propia postal de Nadal. Neste caso o prazo de inscripción da actividade remata o día 14 de decembro.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Ames sita na Praza de Chavián s/n (Casa da Cultura), a través da páxina web www.aulascemit.xunta.es/inscripcion ou chamar ao teléfono 981884085, e tamén enviando un correo electrónico á seguinte dirección:

cemit.ames@xunta.es

15 de nov. de 2012

Curto realizado por Begoña Gómez

A Aula CeMIT de Ames participou no Programa Multimedia e Audiovisual durante o ano 2012.

Un deses cursos impartidos neste programa multimedia foi o curso de "Producción Audiovisual" impartido polo sistema de videocolaboración do día 24 de outubro ao 15 de novembro de 2012.

Unha das alumnas desta actividade Mª Begoña Gómez tivo a súa idea, e fixo o seu guión.  ¡aquí temos o resultado!.

Dende aquí quero darlle ás grazas a Mª Begoña por deixarme subir este corto ao blog da Aula.

Espero que vos guste