12 de xul. de 2012

A Aula CeMIT de Ames vai de vacacións. Volvemos o día 6 de Setembro ca seguinte programación.
Programación do mes de Setembro

Todos os interesados en asistir a calquera destas actividades poden facelo dende a seguinte páxina de internet https://aulascemit.xunta.es/inscripcion

5 de xul. de 2012

A Aula CeMIT de Ames abre os prazos de inscripción das actividades organizadas para o mes de Setembro.
Para acceder a esta programación PREMER AQUI
O prazo de inscripción para estas actividades xa está aberto e tódolos interesados en asistir a estas actividades pode facelo acudindo a propia aula CeMIT, e solicitando a inscripción na seguinte dirección de internet:
www.aulascemit.xunta.es/inscripcion
Para mais información solo hai que chamar ao número 981884085 ou na seguinte dirección de correo electrónico cemit.ames@xunta.es

2 de xul. de 2012

A OMIX do Concello de Ames, e a Aula CeMIT de Ames organizan de forma conxunta dous obradoiros.
Estes obradoiros son:
- Busca de emprego: en horario de 10:30 - 12:30 o martes 24 e 26 de Xullo e dentro dun rango de idade entre 16 e 35 anos.
- Redes sociais: en horario de 18:30 - 20:30 o luns 30 de xullo e 1 de agosto dentro dun rango de idade entre 14 e 20 anos.
Para mais información podedes poñervos en contacto no seguinte número de teléfono 981884085 e tamén na OMIX de Ames situada na Praza do Concello, nº 2 Bertamiráns. Tamén podedes enviar un correo electrónico a cemit.ames@xunta.es ou omix@concellodeames.org
A continuación publicamos o horario de uso libre da Aula CeMIT de Ames durante o mes de Xullo.