25 de set. de 2013

Solucións TIC para profesionais autónomos

Dende a Rede CeMIT de Galicia, quero compartir este documento de consulta elaborada por AGASOL e na que se ofrece  un conxunto de materiais didácticos e información sobre ferramentas tecnolóxicas de utilidade para poder xestionar, comunicar, organizar, difundir, vender, etc. dun xeito áxil e eficiente en calquera ámbito negocio.

Nestas 150 páxinas da Guía están estruturadas en oito áreas temáticas: Ferramentas informáticas, Xestión do teléfono móbil, Presenza en internet (dominios, contas de correo, blogs), sinatura dixital, Mercadotecnia na rede, Redes sociais, Comercio electrónico,Libre Office.
Os profesionais interesados en valorar ou implantar algunhas das ferramentas da guía contarán co asesoramento personalizado que ofrece AGASOL, en colaboración co Centro Demostrador TIC, a través do correo soporte@agasol.org e do teléfono, 881107368.

O documento atópase no seguinte enlace:  http://cdtic.xunta.es/sites/default/files/pdf/destacados/Gu%C3%ADa%20de%20soluci%C3%B3ns%20TIC%20para%20autonomos_0.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario