10 de feb. de 2015

Retomamos actividades

Neste mes de febreiro retomamos a actividade no CeMIT Ames, como é costume teremos aula aberta e actividades de formación.
Cartaz, unha árbore da que nacen ordenadores co nome dos cursos

Planificando as actividades decatámonos que comezamos cando a primavera está ao chegar, as árbores comezan a sacar as súas mellores galas e xa empezamos a planificar que cultivaremos nas nosas hortas.   Pero, por que non cultivamos habilidades coas TIC?
Por iso vos invitamos a pasar polo centro a desenvolver as nosas capacidades nas novas tecnoloxías.

Saúdos e benvidos ao CeMIT!

Ningún comentario:

Publicar un comentario