11 de out. de 2013

Peche temporal da Aula CeMIT de Ames.

Quero avisar que para a próxima seman a Aula CeMIT do Concello de Ames vai permanecer pechada do día 14 o día 18 de Outubro por obras.

Para matricularse nas distintas actividades que se van impartir na Aula poden facelo a través da páxina https://aulascemit.xunta.es/inscripcion

Tamén se poden matricular a través deste formulario:

No caso das actividades do mes de Novembro tamén se pode facer a través do portal: https://aulascemit.xunta.es/inscripcion

E para ás actividades do mes de Novembro neste formulario:

1 de out. de 2013

Horario de Aula Aberta no mes de Outubro

Quero compartir con todos vos o horario de uso libre na Aula CeMIT do Concello de Ames durante o mes de outubro.


25 de set. de 2013

Solucións TIC para profesionais autónomos

Dende a Rede CeMIT de Galicia, quero compartir este documento de consulta elaborada por AGASOL e na que se ofrece  un conxunto de materiais didácticos e información sobre ferramentas tecnolóxicas de utilidade para poder xestionar, comunicar, organizar, difundir, vender, etc. dun xeito áxil e eficiente en calquera ámbito negocio.

Nestas 150 páxinas da Guía están estruturadas en oito áreas temáticas: Ferramentas informáticas, Xestión do teléfono móbil, Presenza en internet (dominios, contas de correo, blogs), sinatura dixital, Mercadotecnia na rede, Redes sociais, Comercio electrónico,Libre Office.
Os profesionais interesados en valorar ou implantar algunhas das ferramentas da guía contarán co asesoramento personalizado que ofrece AGASOL, en colaboración co Centro Demostrador TIC, a través do correo soporte@agasol.org e do teléfono, 881107368.

O documento atópase no seguinte enlace:  http://cdtic.xunta.es/sites/default/files/pdf/destacados/Gu%C3%ADa%20de%20soluci%C3%B3ns%20TIC%20para%20autonomos_0.pdf

PREZI

Na Aula CeMIT do Concello de Ames tamén se está impartindo unha actividade sobre o uso da ferramenta PREZI.

Prezi é unha ferramenta para crear presentaciones dinámicas e con animacións na internet.

Para acceder o manual soamente tendes que pinchar aquí.

Quero agradecer a Grabriela Pérez Caviglia a compartición desta guía sobre a ferramenta prezi.