15 de abr. de 2013

I Concurso de fotografía móbil

Quero compartir con todos vos que con motivo da celebración do día Muldial da internet o próximo día 17 de maio e a través da web http://www.diadeinternet.org vaise celebrar o I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 "La tecnología en mi vida cotidiana" a nivel nacional.

O obxectivo deste concurso e promover o fenómeno global da fotografía móbil como un vehículo para a expresión artística dado visibilidade ás imaxes presentadas na web.

Por iso a Aula CeMIT do Concello de Ames quere animarvos a que participedes coas vosas fotos realizadas cos vosos móbiles.

Nos seguintes enlaces tendes toda a información necesaria pada poder participar neste concurso:

Información e bases do concurso

Presentación das fotos

O concurso ten como premio material fotográfico, valorado en máis de 1000 €. Os mellores traballos formarán parte dunha exposición, que se abrirá o 17 de maio, Día Mundial de Internet. 

Poden participar todos os maiores de 14 anos que sexan usuarios dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un Xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade, expresividade e os votos on-line das obras.

Tede en conta que o prazo de presentación das fotografías remata o vindeiro 30 de abril.

¡Animovos a participar! 

10 de abr. de 2013

Información sobre á actividade da banca por internet

Quero compartir con todos vos os enlaces ás demos da banca online cás que estivemos traballando estes días no taller da banca pola internet:

BANCO PASTOR

BBVA OFFICE NET

BANKIA

SANTANDER

Espero que estas demos vos axuden e así podades prácticar para sentirvos mais seguros.


3 de abr. de 2013

Y si queredes prácticar aquí vos deixo uns exercicios

E si queredes prácticar un pouco mais con ISSUU aquí tendes exercicios que vos pode ser de moita axuda.

Unha boa guía para traballar con ISSUU

Quero compartir con todos vos esta guía para que vos aclare un pouquiño más o uso do ISSUU (para crear revistas ou catálogos online).

Nesta pequena guía ampliase as distintas funcións desta plataforma.

Espero que vos guste e lle saquedes un bo partido.

1 de abr. de 2013

Programación formativa da Aula CeMIT de Ames para o mes de Maio

Quero compartir con todos vos a programación formativa da Aula CeMIT de Ames para o mes de Maio.