15 de abr. de 2013

I Concurso de fotografía móbil

Quero compartir con todos vos que con motivo da celebración do día Muldial da internet o próximo día 17 de maio e a través da web http://www.diadeinternet.org vaise celebrar o I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 "La tecnología en mi vida cotidiana" a nivel nacional.

O obxectivo deste concurso e promover o fenómeno global da fotografía móbil como un vehículo para a expresión artística dado visibilidade ás imaxes presentadas na web.

Por iso a Aula CeMIT do Concello de Ames quere animarvos a que participedes coas vosas fotos realizadas cos vosos móbiles.

Nos seguintes enlaces tendes toda a información necesaria pada poder participar neste concurso:

Información e bases do concurso

Presentación das fotos

O concurso ten como premio material fotográfico, valorado en máis de 1000 €. Os mellores traballos formarán parte dunha exposición, que se abrirá o 17 de maio, Día Mundial de Internet. 

Poden participar todos os maiores de 14 anos que sexan usuarios dalgunha destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un Xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade, expresividade e os votos on-line das obras.

Tede en conta que o prazo de presentación das fotografías remata o vindeiro 30 de abril.

¡Animovos a participar! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario