20 de nov. de 2013

Seminario sobre Oracle Database 12c por videoconferencia

O próximo día 17 de decembro vaise a impartir un Seminario sobre Oracle Database 12c. Base de datos deseñada para a nube polo sistema de videoconferencia.

Este seminario vai a impartirse na Aula CeMIT de Ames o día 17 de decembro en horario de 16:30 - 20:30.

O relator da xornada será José Álvarez Gómez, integrante do equipo Oracle University, experto en bases de datos Oracle e gran coñecedor doutras áreas como Oracle Linux, VM Server, Exadata, Big Data etc...  José Álvarez é un dos poucos expertos que posúen a certificación OCM 11g da base de datos Oracle.

Todas ás persoas interesadas en asistir a este seminario poden facelo a través da páxina web https://aulascemit.xunta.es/inscripcion, chamando o número 662371511 ou enviando un correo electrónico a cemit.ames@xunta.es cos seguintes datos:

- Nome e apelidos:
- DNI:
- Data de nacemento:
- Nº de contacto:
- e-mail:  

Gracias. 

 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario