24 de maio de 2012

Hola de novo a tódolos usuarios da Aula CeMIT de Ames.
Despois duns días sen escribir nada no blog, anunciovos as actividades do mes de xuño.

Para acceder a esta información tedes que entrar no seguinte enlace:

Programación do mes de Xuño

Teño que recordarvos que o prazo de inscripción para o Obradoiro de Linux que se vai celebrar do día 4 ao día 8 de Xuño en horario de 11:00 ás 12:30 remata o día 1 de Xuño.

Tamén quero recordarvos os prazos de inscripción para o taller do DNI electrónico que se vai celebrar do día 11 ao 13 de Xuño comeza o día 28 de maio e remata o día 8 de xuño. O horario desta actividade terá lugar de 11:00 a 12:00 da mañan.

E por último, imos impartir un Obradoiro  de Mecanografía Infantil para os nenos/@s entre 6 e 12 anos que queran aprender a escribir adecuadamente e podan mellorar a súa concentración. Este taller terá comeza o día 25 de xuño de 10:30 a 11:30 os luns e mércores. Se houbera moita demanda creariase un novo grupo no mesmo horario os martes e xoves.

Por último quero recordar que a Aula CeMIT de Ames volve a ofrecer cursos do Programa Multimedia e Audiovisual 2012 en sistema de videocolaboración.

Os cursos que se ofrecen son:

- DESEÑO GRÁFICO: do día 18 ao 21 de xuño en horario de 10:00 - 14:00

- RETOQUE FOTOGRÁFICO: do día 18 ao 21 de xuño en horario de 16:00 - 20:00

Calquera outra información que sexa do voso interese, non dúbidedes en chamar ao número 981884085, ou enviar un correo electrónico a dirección cemit.ames@xunta.es.


Ningún comentario:

Publicar un comentario