29 de nov. de 2013

Novo seminario na Aula CeMIT de Ames por videconferencia.

Aplicación da normativa europea de protección de datos en contornos Microsoft.

Este seminario vai ter lugar na Aula CeMIT do Concello de Ames polo sistema de videconferencia o próximo día 11 de decembro en horario de 16:30 - 20:30.
O relator da xornada será Genis Margarit Contel, membro da “Asociación Profesional Española de Privacidad” (APEP), European Privacy Seal Expert e membro da comisión de seguridade do “Colegio de Ingenieros de Telecomunicaciones”. Genis Margarit é enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Cataluña, instrutor oficial dos fabricantes tecnolóxicos Microsoft, Cisco, Google e Asterisk e consultor TIC con máis de 15 anos de experiencia profesional.
O prazo para inscribirse nesta xornada remata o día 10 de decembro, e para apuntarse neste seminario poden facelo a través das seguintes webs:
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario