29 de nov. de 2013

Apuntes curso Retoque de fotos

Tal e como quedei con todos vos colgo os exercicios que estivemos facendo no curso.

https://www.dropbox.com/s/heytqxu4gkr7gkf/gimp.pdf

Tamén quero colgaros uns vídeos de como quitar os ollos vermellos, quitar os brillos da cara.


Aquí tamén tendes un video tutorial de GIMP o cal consta de varios vídeos e vos pode axudar tamén moito.

https://sites.google.com/site/tutorialdegimp/httpwwwyoutubecomwatchvHrLyNfVUwO0

Novo seminario na Aula CeMIT de Ames por videconferencia.

Aplicación da normativa europea de protección de datos en contornos Microsoft.

Este seminario vai ter lugar na Aula CeMIT do Concello de Ames polo sistema de videconferencia o próximo día 11 de decembro en horario de 16:30 - 20:30.
O relator da xornada será Genis Margarit Contel, membro da “Asociación Profesional Española de Privacidad” (APEP), European Privacy Seal Expert e membro da comisión de seguridade do “Colegio de Ingenieros de Telecomunicaciones”. Genis Margarit é enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Cataluña, instrutor oficial dos fabricantes tecnolóxicos Microsoft, Cisco, Google e Asterisk e consultor TIC con máis de 15 anos de experiencia profesional.
O prazo para inscribirse nesta xornada remata o día 10 de decembro, e para apuntarse neste seminario poden facelo a través das seguintes webs:
 
 
 

20 de nov. de 2013

Seminario sobre Oracle Database 12c por videoconferencia

O próximo día 17 de decembro vaise a impartir un Seminario sobre Oracle Database 12c. Base de datos deseñada para a nube polo sistema de videoconferencia.

Este seminario vai a impartirse na Aula CeMIT de Ames o día 17 de decembro en horario de 16:30 - 20:30.

O relator da xornada será José Álvarez Gómez, integrante do equipo Oracle University, experto en bases de datos Oracle e gran coñecedor doutras áreas como Oracle Linux, VM Server, Exadata, Big Data etc...  José Álvarez é un dos poucos expertos que posúen a certificación OCM 11g da base de datos Oracle.

Todas ás persoas interesadas en asistir a este seminario poden facelo a través da páxina web https://aulascemit.xunta.es/inscripcion, chamando o número 662371511 ou enviando un correo electrónico a cemit.ames@xunta.es cos seguintes datos:

- Nome e apelidos:
- DNI:
- Data de nacemento:
- Nº de contacto:
- e-mail:  

Gracias. 

 
 
 
 

8 de nov. de 2013

Programación formativa na Aula CeMIT de Ames para Decembro

Para inscribirse en calquera destas actividades poden facelo a través do seguinte enlace:

https://aulascemit.xunta.es/inscripcion

Tamén pode facerse acudindo a propia Aula CeMIT situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, chamando o número 662371511 e para mais información na conta de correo cemit.ames@xunta.es


5 de nov. de 2013

Horario de Aula Aberta durante o mes de Novembro

Quero compartir con todos vos o horario de Aula Aberta durante o mes de Novembro.