Bos días a todos, escribo esta entrada para recordarvos que hoxe día 5 de xuño ás 14:30 horas remata o prazo para inscribirse no Módulo I Redes Sociais e comunicación 2.0 2013.
O enlace para facer esta formación e a cal ten unha duración de 8 horas e o seguinte:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=229&pag=0
Esta formación pode realizarse tanto no CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) como a través das Aulas CeMIT polo sistema de videoconferencia.
Aulas CeMIT onde se imparte esta formación por videconferencia:
*AMES: Casa da Cultura de Bertamiráns, Praza de Chavián s/n, Bertamirans-Ames.
*BETANZOS: Oficina Municipal de Informacion Xuvenil de Betanzos, Rúa Emilio Romay nº1.
*ORTIGUEIRA: Antigo Centro de Saúde, Rúa Márquez Cortiñas s/n.
*FISTERRA: Telecentro de Fisterra, Chalet de Vilas, Rúa Virxe da Cerca nº7, Fisterra.
*A CORUÑA: Centro Cívico de Eiris (1ª planta), Rúa Fray Pedro Piñeiro s/n.
*CELANOVA: Concello de Celanova, Plaza Maior s/n.
*A CAÑIZA: Casa da Cultura da Cañiza. Rúa do Progreso s/n.
*VIGO: Concello de Vigo. Rúa Oporto, 1.
As datas de realización desta formación vai ter lugar ós días 6-7 de xuño en horario de 16:00-20:00.
Ningún comentario:
Publicar un comentario