Quero compartir con todos vos que con motivo da celebración do día Muldial da internet o próximo día 17 de maio e a través da web http://www.diadeinternet.org vaise celebrar o I Concurso de Fotografía Móvil #ddi2013 "La tecnología en mi vida cotidiana" a nivel nacional.
O obxectivo deste concurso e promover o fenómeno global da fotografía móbil como un vehículo para a expresión artística dado visibilidade ás imaxes presentadas na web.
Por iso a Aula CeMIT do Concello de Ames quere animarvos a que participedes coas vosas fotos realizadas cos vosos móbiles.
Nos seguintes enlaces tendes toda a información necesaria pada poder participar neste concurso:
Información e bases do concurso
Presentación das fotos
O
concurso ten como premio material fotográfico, valorado en máis de 1000
€. Os mellores traballos formarán parte dunha exposición, que se
abrirá o 17 de maio, Día Mundial de Internet.
Poden
participar todos os maiores de 14 anos que sexan usuarios dalgunha
destas redes sociais: Facebook, Instagram ou Twitter, cuxas obras
se adecúen á temática proposta, sexan únicas, propias e orixinais. Un
Xurado composto por profesionais e expertos do mundo da fotografía
decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade,
expresividade e os votos on-line das obras.
Tede en conta que o prazo de presentación das fotografías remata o vindeiro 30 de abril.
¡Animovos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario