3 de set. de 2015

Iniciamos as actividades de outono

Durante este outono que está a piques de comezar queremos continuar ofrecendo formación gratuíta para todos/as aqueles que teñades un momentiño libre para pasar polo CeMIT.
O obxectivo deste último trimestre do ano é ofrecervos algo de formación para todos/as desde os máis pequenos até os maiores, por iso temos pensado unha  programación que esperamos que vos anime a participar, e se non atinamos co curso que buscas, sempre podedes pasar polo CeMIT en horario de aula aberta!
Gustaríanos animar sobretodo aos vosos familiares, os que seguramente non vaian a ler esto porque non utilizan o ordenador, sí, sí ese familiar que sempre che pide que lle pidas a cita no médico, ou que lle mires que tempo vai facer mañá, por que non o animas a que sexa él/ela mesmo/a o que poida manexarse con soltura na rede?



26 de mar. de 2015

En abril, choiva de cursos!

Mes a mes imos ofertando novas actividades, así que hoxe toca presentar a oferta de Abril. 
Empapándonos coas TICs!:



3 de mar. de 2015

As TICs son para todos


A semana pasada iniciamos diversos cursos de alfabetización dixital, a maior parte das persoas que se achegan para participar nestas actividades superan os 40 anos, e incluso os máis deles pasan a barreira dos 65 anos que na nosa cultura marca a “terceira idade”.
Cando se van acomodando pola aula escóitanse diversos comentarios que delatan as expectativas que teñen no curso e as razóns polas que acoden ás actividades. Entre estes comentarios abundan aqueles que fan referencia a súa falta de destreza e na necesidade de aprender, sobre todo para seguir en contacto con familiares e saber do que andan a falar.
Pero o mellor deses comentarios agárdase para o final, cando saen pola porta cun sorriso na cara e comentando “pois isto non é tan difícil” e día a tras días vemos como van mellorando as súas destrezas coas TIC e ao mesmo tempo aumenta a súa confianza en si mesmos a a súa autoestima.
Polo tanto seguimos animando a xente a que se achegue ao centro para aprender, pois nunca é tarde!

18 de feb. de 2015

A identidade dixital

Onte estivemos a festexar o martes de entroido; xa levábamos días, semanas e incluso meses argallando cal vai ser a nosa disfrace, que é o queremos ser. Fixemos o que non nos permitimos o resto do ano, estivemos a xogar coa nosa identidade, pero que pasa coa identidade dixital? Podemos xogar con ela?
Podemos comezar por definir que entendemos por identidade dixital, o que podemos resumir como todos aqueles trazos e actitudes que forman a nosa personalidade na rede. Con isto podemos ver que todo aquelo que publicamos na rede (imaxes, comentarios, datos persoais, etc.) pode afectar a nosa identidade dixital.
A identidade dixital é o que somos na rede, é algo valioso.
Como algo valioso debemos coidar da nosa identidade dixital e evitar os seguintes riscos:
  • Suplantación da identidade: cando outra persoa se fai pasar por nós e actúa no noso nome. Isto ocorre cando alguén crea un perfil falso para facerse pasar por outra persoa, ou entra nun perfil sen autorización.
  • Ameazas contra a privacidade: cando os nosos datos persoais se expoñen de xeito non consentido, por exemplo cando alguén publica unha imaxe sen consentemento.
  • Ameazas a reputación en liña: cando se fan públicas historias falsas ou fóra de contexto.
Agora ben, para evitar eses riscos so debemos ser responsables con todo aquelo que facemos na rede, por exemplo podemos ter en consideración os seguintes puntos:
  • Valora en que lugares da rede queres ter presenza.
  • Pensa todo aquelo que publicas.
  • Crea varios perfiles (por exemplo un persoal e outro profesional).
  • Infórmate das condicións de uso das aplicacións que utilices.
  • Xestiona a privacidade dos teus perfiles.
  • Revisa a túa lista de contactos.
  • Pecha a sesión despois de utilizar o teu perfil.
  • Mantén o teu ordenador libre de espías.
  • Coida o que publicas doutras persoas.
  • Formula unha denuncia de aquelas accións que poidan incorrer en ilegalidades.
En definitiva, actuar na rede tal e como actuariamos na vida diaria, se non imos pola rúa pregoando os nosos datos, por que facelo na rede?




11 de feb. de 2015

Cultivamos as TIC


Neste mes empezamos con temáticas diversas, dende cursos nos que aprenderemos a comunicarnos a través da rede, até cursos nos que editaremos as nosas imaxes. Esperamos que sexan do voso agrado!
E ti, a cal te apuntas?